O Cidade As Burgas visita ao Futsi en busca da primeira praza da clasificación. O Ourense Envialia recibe este sábado ao Roldán.

O Cidade As Burgás cítase, en Madrid, coa historia. Xoga este sábado contra o actual líder da clasificación, o Futsi. Enfronte terá a un equipo que leva case un ano sen perder; a última vez que caeu derrotado foi o 1 de marzo do ano pasado fronte o Valdetires Ferrol (6-5).
Se imos máis atrás no tempo, situámonos no 26 de maio de 2012. Naquela ocasión, o Futsi visitaba ao Cidade coa intención de vencer e cantar o alirón. As cousas comezaron moi ben para as madrileñas, de seguido puxéronse 0-2, pero as de Codeso souperon repoñerse e lograron levarse a vitoria por 4-3.
Sen irse tan lonxe no tempo, na primeira volta as albinegras estiveron a piques de levarse o triunfo. Un último minuto loco, fixo que as ourensás perderan o encontro no último suspiro.

Codeso contará coa súa plantilla ao completo, polo que terá que facer un descarte. Iria Saeta estará de volta despois de varias semanas lesionada. Lucía Nespereira xa está adestrando con normalidade. Vanessa Sotelo tentará manter a racha goleadora que a leva á segunda posición en canto a goleadoras refírese; diante dela a xogadora do Futsi, Arianne.

O técnico ourensán pretende, para este partido, subir a liña de presión, para que o rival non teña tanto tempo para pensar.

En caso de derrota, o Futsi tería vía libre para facerse por segundo ano consecutivo co título ligueiro, mentres que as franxiverdes mantería intactas as opción de rematar entre as catro primeiras e disputar a Copa. Pase o que pase en Madrid, o Cidade As Burgas está a realizar a súa mellor tempada.

Ourense Envialia
Pola súa banda, o Ourense Envialia segue na súa loita particular por alcanzar a cuarta praza. Neste novo capítulo recibe nos Remedios (sábado, 17 horas) ao Roldán. O equipo murciano marcha na décima posición con 19 puntos, mentres que as ourensás son sétimas con 26.
A vitoria antóxase vital para as de Óscar Vivián de cara a manter intactas as súas aspiración de rematar a Liga en postos de honra.