O centro comercial ourensán organiza para os máis cativos talleres de máscaras e maquillaxe, unha festa infantil e un concurso de disfraces, entre outras actividades.

 

Ponte Vella ten preparada para este Entroido unha programación moi completa cargada de sorpresas e actividades para os máis pequenos da casa, entre as que se atopan talleres de comadres, compadres e máscaras (a cargo de Sarabela Teatro), e os talleres de maquillaxe de entroido, previo ao concurso de disfraces, realizado por alumnos da escola Lito Seoane Centro Studio e no que os nenos que acudan ao concurso de disfraces poderán darse ese último retoque ou calquera neno que queira completar o seu disfraz cunha bonita maquillaxe.

Os talleres de compadres e comadres terán lugar o sábado 7 de febreiro; o de máscaras será o sábado 14; e o de maquillaxe o luns 16. Todos ás 17 horas.

Tamén haberá talleres de disfraces (venres 13 e mércores 18, ás 17 horas) e unha gran festa infantil de entroido (o venres 13, tamén ás 17 horas) con famosas mascotas, xogos e bailes.

Non obstante, o prato forte desta programación será o tradicional concurso infantil de disfraces, o luns 16 ás 18.45 horas, no que poderán participar nenos de 4 a 13 anos, os cales deben inscribirse previamente no Punto de Información do centro comercial ou no 988 51 02 32, teñen como prazo máximo para facelo ata ese mesmo día ás 14 horas.