O sábado 14 de febreiro a vila festexa o seu día grande de Entroido con desfile de disfraces, xantar, baile popular e xogos infantís.

Os festexos darán comezo ás 11 da mañá co desfile de Entroido, dende Riós a Marcelín. De seguido, de 12 a 14 horas, na praza do Concello os cativos poderán gozar de hinchables; así mesmo de 12.30 a 14 horas, haberá pinchos de balde nos bares do pobo e magosto popular na praza do Concello.

Xa pola tarde, de 6 a 7, haberá baile popular con charanga. E a partir das 19 horas será a baixada a Marcelín, acompañada da música dunha charanga, para participar a continuación na desgustación de orella de Entroido e continuar coa festa ata a noite.