Convenio entre Concello de Allariz e Banda de Música

O Concello de Allariz vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Unión Musical de Allariz.

 

A creación dunha Escola de Música e dunha Banda ten sido un obxectivo compartido polo Concello de Allariz e a Asociación cultural Unión Musical de Allariz. Así, no ano 2013 impulsouse a oferta lúdico-formativa da Escola de Música da Unión Musical de Allariz e a Banda Unión Musical de Allariz, na que o Concello colaborou, dende o inicio, coa cesión de espazos municipais para as clases de música.

O convenio de colaboración, asinado polo alcalde Francisco García e máis o director da Banda, José Manuel Vega, inclúe a cesión, por parte do Concello, do uso de espazos municipais á Asociación cultural Unión Musical de Allariz para o funcionamento da Escola de Música e correrá cos gastos das mesmas; ademais de 30 cadeiras e da percusión adquirida para o funcionamento da Escola e da Banda.

A Banda Unión Musical de Allariz, pola súa parte, participará na programación cultural-musical que establece o calendario do Concello de Allariz, realizando un mínimo de 10 actuacións anuais que se desenvolverán preferentemente nas festas organizadas polo Concello, que tamén, procurará favorecer o intercambio musical da Banda con outras agrupacións musicais dos concellos cos que se manteñen relacións de cooperación.

O Alcalde, Francisco García, agradecía ao equipo directivo da Banda a súa adicación “que permitiu poñer en marcha, en pouco tempo, tanto a escola como a Banda de Música de Allariz”.

Aberto o prazo para participar na Escola de Música
A Escola da Banda de Música de Allariz abre novo prazo de matrícula para participar nas clases semanais de linguaxe musical, iniciación (6 anos), frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, ruba, bombardino, percusión e banda infantil.