Curso de ecoviticultura

O día 4 de marzo comeza un de patchwork e o día 21, outro de ecoviticultura.

 

A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz continúa coa súa proposta formativa no mes de marzo.

Nesta ocasión, os cursos que oferta a fundación con sede en Paciños son de patchwork e de ecoviticultura. O primeiro deles dá comezo o mércores 4 de marzo. Son 10 horas de formación ao longo de catro xornadas (os días 4, 11, 18 e 25 de marzo) nas que se ensinará a técnica de patchwork, con máquina e con agulla, e as súas posibles aplicacións en roupa, lámpadas e outros. Os alumnos deberán levar os seus propios retais de lenzos para dar renda solta á súa creatividade. A formación ten un custo de 35 euros.

Doutra banda, o curso básico de ecoviticultura impartirase nunha única xornada, o sábado 21 de marzo. Serán seis horas de formación en horario de mañá e tarde nas que os asistentes aprenderán sobre o ciclo anual da planta, a plantación, os enxertos máis empregados na vide, a poda, a fertilización, as patoloxías máis comúns, e os principios básicos da vendima. Inscribirse custa 25 euros.

En ambos casos, as inscricións realízanse en info@fundacionrgf.org ou no 988 436 182