Haberá dúas mesas electorais, unha no Ateneo e outra no hotel Francisco II. O horario de votación é o sábado 14 e o domingo 15 de 10h a14h e de 17:30h a 20h.

Este sábado 14 e domingo 15 de marzo Ourense en Común celebra as súas Primarias Cidadás Abertas. Nestas primarias poderán votar todas as persoas maiores de 16 anos que así o desexen podendo escoller á persoa que queren que encabece a lista e a 8 das 26 que compoñen a candidatura ordeándoas segundo a súa preferencia.

Desde Ourense en Común animan a toda a cidadanía a participar neste proceso, que se desenvolverá en dous espazos: o Ateneo de Ourense e o Hotel Francisco II, en horario de 10 a 14 e de 17:30 horas durante toda fin de semana.

O colectivo desbotou o voto telemático, polo que para votar empregárase unha papeleta creada polo Comité Electoral de acordo co Regulamento de Primarias aprobado. A papeleta presenta unha lista cos nomes das candidatas e candidatos, cunha caixa á dereita de cada nome e unha caixa á esquerda das persoas que tamén optan a encabezar a lista de Ourense en Común. Na caixa da esquerda marcarase cunha “x” a unha persona como candidata á alcaldía e na caixa da dereita numerarase dende o 1 ao 8 a preferencia das persoas escollidas para a lista de Ourense en Común, sendo o 1 o de maior valor. O comité é coñecedor que na mesma papeleta se establen dúas intencionalidades do voto polo que a emisión dun voto nulo nunhas das partes non será motivo da nulidade completa do acto.

Nas dúas sedes haberá paneis con instrucións da votación, así dotación de papeletas, bolígrafos, cabinas ou espazos que garantan a privacidade e segredo do voto.

Candidatos á alcaldía de OUeC

Oito homes optan a encabezar a candidatura de Ourense en Común á alcaldía de Ourense: Miguel Doval, Marcos Guimarey, Rosendo Fernández, Carlos Miguélez, Lito Prado, Xosé Mosquera, Martiño X.Vázquez e Xabier Fernández. 29 en total para formar parte da lista, dos cales nove son mulleres.