As obras de abastecemento de Cenlle, San Amaro e Punxín foron supervisadas pola titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Vázquez destacou que o investimento é de máis de tres millóns de euros para estas melloras en prol de garantir o dereito dos cidadáns a un subministro de auga axeitado en calidade e cantidade.

A conselleira, quen na súa visita estivo acompañada polo delegado territorial e os alcaldes de Cenlle, San Amaro e Punxín saliento que esta obra dará servizo a máis de 3.000 veciños dos tres concello. Tamén quixo destacar que, seguramente, as obras estarán rematadas antes de que finalice o ano.

A acomentida desta obra permitirá erradicar os problemas que ten a rede de abastecemento na actualidade e solucionar os déficits na subministración de auga que se producen no verán. A solución será o subministro da auga auga tratada, dende ETAP de Razamonde (que capta auga do río Miño), aos núcleos e depósitos pertencentes a estes tres concellos e que estean situados por riba da cota de máis de 250 metros.
Serán tres novos depósitos con capacidade de 775.000 litros, e a instalación de máis de 30 quilómetros de tubarías de auga e novos bombeos para chegar tamén aos núcleos máis elevados.

Actualmente a ETAP de Razamonde, no Concello de Cenlle está potabilizando unha media de 330 metros cúbicos ao día e ofrecendo servizo ao 45 por cento da poboación. O resto da subministración procede de pozos de barrena.
En San Amaro, subminístrase por medio dunha captación dun regato e de pozos profundos.
E en Punxín utilízanse pozos profundos, nos que tamén se detectaron problemas de contaminación. Ademais capta auga do río Barbantiño.