A voceira nacionalista Susana García pedía unha solución urxente para evitar a perigosidade de circulación no túnel de Barrocás. O túnel (por enriba pasan as vías do tren) comunica a rúa Ramón Puga co barrio de Barrocás.

Este paso é moi utilizado tanto por peóns de Barrocás e de Rairo o que implica un perigo tanto para eles coma para os vehículos que por alí pasan.

Susana García explicaba que a rúa Ramón Puga e competencia do Concello e tralo túnel a competencia pasa a ser da Deputación. O Bloque presentatá iniciativas nas dúas institucións para que esixan ao Goberno central unha solución, como xa fixeron xunto aos almacéns de Renfe.

A deputada Olaia Fernández Davila anunciou que se presentará unha proposta no Congreso para que o Ministerio de Fomento de unha resposta a este problema.
Os peóns no tramo do túnel teñen que baixar á calzada compartindo tramo con coche e autobuses.