Durante dúas semanas pechará o Paseo das Ninfas para acometer as obras de EDAR que están con inicio da instalación das arquetas de conexión.

O Paseo estará pechado, ademais dos días laborais, os días 20, 21 e 22, 28 e 29 de marzo. Cóntase volver abrir para os días festivos de Semana Santa.

O investimento, para a execución e explotación das obras da actuación mellora do saneamento de Ourense, EDAR de Ourense, é de 49 millóns de euros. Foi posible tralo convenio asinado por Acuaes, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense. 36.750.000 son achegados pola Administración Central, a través de Acuaes, 10.109.000 por parte da Xunta de Galicia e 2.141.000 os que pon o Concello de Ourense.

O obxectivo é modernizar o sistema de depuración da cidade mediante a construcción dunha nova depuradora para satisfacer a 350.000 habitantes (o triple da capacidade actual); prolongar o actual colector ata o bombeo de auga bruta da nova EDAR; demoler a actual depuradora e recuperar ambiental e paisaxísticamente a marxe esquerda do río Miño.