erá no Café Grándola ás 20:30 h, coa artista arxentina Laura Mandarina.

 

Debido a un problema de representación por parte da compañía teatral, a representación prevista para este xoves día 19 no Café Grándola será finalmente o mércores día 25. Laura Mandarina, recoñecida artista e presentadora, realizará a partir das 20:30 horas un monólogo denominado “El orgasmo es cosa de mujeres”.

Este acto forma parte da programación elaborada por parte da Concellería de Igualdade entre os días 6 e 26 de marzo, en conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. No programa inclúese música, pintura, danza, un recital poético, unha mostra de artesanía, cine, teatro.. e outras propostas dirixidas tanto a homes como a mulleres.

Dentro desta programación, mantense a obra de teatro para o mércores 18, áÁs 20:30 h no Auditorio Municipal, «O Furancho», de Ibuprofeno Teatro.

Os acots do Día da muller rematan o xoves 26 coa conferencia «Emilia Pardo Bazán, unha nena seducida polos libros, unha muller seducida pola escrita», un relatorio de María Xosé Queizán. A partir das 20 h no Centro Municipal José Ángel Valente.