É Técnico Superior en Administración e Comercio e concelleiro en Monterrei dende 2011.

 

O BNG de Monterrei, ven de escoller a Alberte Rodríguez García como o seu candidato á alcaldía para as vindeiras eleccións municipais de maio.

Alberte, naceu en 1982, é veciño de Monterrei e Técnico Superior en Administración e Comercio. Concelleiro en Monterrei dende 2011, forma parte do Consello Comarcal, e actualmente é o responsabel de organización do BNG da comarca de Monterrei.

O mozo nacionalista asume este reto con “ilusión e con moitas ganas de traballar polo benestar dos veciños do Concello de Monterrei”. Coñecedor da responsabilidade que asume, aposta por unha colaboración participativa e cercana á cidadanía para optimizar a labor que dende fai tempo está a desenrolar o BNG nesta comarca. Polo tanto ponse a disposición de tódolos veciños para que lle transmitan as súas necesidades.