O Club Ximnasia Pavillón logra dous podios no Campionato Galego de Base, no que é o arranque da tempada.

O pasado día 15 de marzo, 12 ximnastas pavillonistas participaron no galego de base individual celebrado en Ribadeo. En benxamín subiron ao podio Iria Cudeiro (campioa galega) e Vera Gutiérrez (terceira clasificada).
O obxectivos do técnicos para as sús pupilas é mellorar a súa preparación de cara aos campionatos de conxuntos de base que se celebran nos meses de outubro e novembro. Para poder comezar a preparar os conxuntos, o club decidiu non asistir ao campionato nacional individual de base, a pesar dos bós resultados obtidos no galego que lle permitían acudir con dez das súas ximnastas a este nacional.

Individual de clubs
En breve dará comezo a competición individual de clubs, na que o Pavillón espera poder conseguir a clasificación dalgúns dos seus equipos absolutos, para participar no nacional individual de clubs.