Os nacionalistas esíxenlle ao rexedor municipal que pida á Confederación Hidrográfica esta mellora, como orixe das numerosas enchentes.

O BNG de Vilar de Barrio non entende que o Concello teña previsto o arranxo dos viais de Rebordechao danados polas enchentes, cando os veciños da zona se opoñen por considerar que iso non resolve o problema máis importante.

“O relevante é que se arranxe a presa, que é a que impide que a auga asolague os predios colindantes e dane a estrada, e ademáis permite o paso dos veciños ao outro lado do río, onde teñen as súas propiedades, e as cales non poden acceder neste momento”, explican os nacionalistas.

O BNG considera razoable a posición dos veciños e pídelle ao alcalde popular de Vilar de Barrio, que “en vez de querer buscar a foto antes das eleccións municipais tirando o diñeiro de todos, que se preocupe de presionar á Confederación para que as obras de reconstrucción da presa estean rematadas canto antes, porque cando volva chover pasara o mesmo”, sentencian.