Club Natación Pabellón Ourense logrou a vitoria na Liga Galega de clubs. Concluidas as tres xornadas da Liga Galega de clubs o Club Natación Pabellón Ourense foi o claro vencedor.

 

Na terceira e última xornada, o CNPO logrou un total de 407 puntos. Tralo Pabellón, o CN Arteixo con 249 e o CN Ferrol con 239.

No cómputo global das tres xornadas da fase preliminar os ourensáns obtiveron un total de 1024 puntos. O segundo clasificado, o Ferrol acadou 900 puntos e o Arteixo (terceiro clasificado final), 777 puntos.

Tanto Club Natación Pabellón Ourense coma CN Ferrol, xunto aos primeiros e segundos dos outros tres grupos (da fase preliminar) disputará a fase final para determinar ao campión. A fase final da División de Honra disputarase o 18 de abril en lugar aínda por determinar.