A Concellería de Xuventude no parque Barbaña e a empresa Altega na Alameda.

A Concellería de Xuventude de Ourense, en colaboración co observatorio “El Mirón del Cielo” organiza unha actividade de observación do eclipse de sol, que será visible dende a nosa cidade o venres 20 de marzo, de 9:05 a 11:16 horas.

Empregaranse 3 telescopios, dous deles para uso en visual e outro conectado a unha pantalla para poder aprecia-lo evento en directo. Asemade, unha carpa explicativa con tódolos detalles deste eclipse situarase no lugar da observación, nas pistas deportivas do parque Barbaña.

O sol cubrirase un 78,30% podendose apreciar un descenso notable da luz, e da temperatura.

Altega tamén organiza unha observación

Altega – Educación e Lecer é unha empresa de servizos educativos que leva 15 anos traballando na divulgación científica; xestionando Os Biocos, o único albergue xuvenil con un observatorio astronómico nas súas instalacións, e realizando actividades a pé de rúa para achegar a ciencia e a astronomía a toda a xente que queira.

Con motivo do eclipse de sol parcial do 20 de marzo, Altega realizará un acto de visión colectiva do eclipse no paseo central da alameda de Ourense, desde as 9 ata as 11:10 horas.

Ademais, a empresa puxo en marcha unha campaña escolar para informar de como se pode observar a eclipse de xeito seguro. Por unha banda, pódese observar de forma indirecta por proxección e, por outra, empregando materiais de densidade óptica 5.0.

No mercado, só hai tres tipos destes materiais que se presentan en formato lámina e en formato gafas, para que sexa máis sinxelo o seu uso. Estes materiais son: lámina Vaader, lámina Mylar e polímero negro.

En Altega – Educación e Lecer venden as gafas para poder observar con toda seguridade a eclipse, a un prezo de 4 euros cada gafa, ou 14 un paquete de 4. Pódense reservar en info@altega.com e recoller en na sede de Altega (rúa Murillo, 20) e na cervexaría O Moucho (rúa Concordia).