Continúa a investigación para atopar aos culpables.

 

Unha patrulla do Seprona da Garda Civil de Lobios investiga a colocación de trampas ilegais, coñecidas como lazos, localizadas recentemente no Barranco de Olelas, en Entrimo, paraxe que se atopa incluída no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.
Segundo informou o Seprona, o pasado día 18 de marzo pola mañá cando unha patrulla de Lobios realizada labores de vixilancia de especies naturais “ante posibles actos de furtivismo” localizou “dez trampas de caza non selectivas”.

Ditos lazos estaban repartidos nunha superficie duns 50 metros e nas proximidades localizouse, ademais, un raposo morto colocado nas ramas dun carballo, “posiblemente atrapado nun destes lazos ilegais de caza”, sinalaron as mesmas fontes.
Tras inspeccionalos observaron “pelos de xabaril” nalgúns exemplares, polo que barallan que algúns destes animais tamén fosen presa destas artes de caza prohibidas.

Os axentes procederon a realizar durante varios días “apostadero” para tratar de localizar a quen os colocara e, ao non achar a ninguén, procederon a retirar os lazos localizados, que se atopan na oficina desta unidade a disposición da autoridade competente.