Celanova acolle actividades para que os máis cativos aprendan e se divirtan durante as súas vacacións escolares.

A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza na Casa dos Poetas unha Ludoteca de Semana Santa para nenos de entre 6 e 12 anos.Os talleres desenvolveranse o martes e mércores, 31 de marzo e 1 de abril, entre as 11.30 e as 13 horas na horta do edificio.

Baixo o lema ‘A horta dos versos’ terá lugar esta actividade de animación á lectura nun agradable espazo aberto que se combina con xogos e actividades de confección manual.

Para participar nesta ludoteca é precisa inscrición previa, ata cubrir as 25 prazas dispoñibles, na Casa dos Poetas ou a través dos contactos 646.026.421 ou fundacion@currosenriquez.es.