O Concello vén de facer públicos os nomes das empresas que presentaron as mellores ofertas.

 

A licitación referente ás obras das novas instalacións deportivas no Complexo de Vilanova contempla a adxudicación ás empresas ADAN EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS e GYM TOTAL FITNESS de dous lotes correspondentes, respectivamente, á maquinaria da nova sala cardiovascular e a sala de musculación. A primeira delas contará con cintas de correr, stepper (simulador de escaleiras), elíptica, bicicleta reclinada, vertical, de man para adestramento de tren superior o de spinning e adaptables para as cadeiras de rodas. A sala de musculación será equipada con t todos os aparatos precisos para ofrecer un bo servizo. As dúas salas serán completadas por unha nova sala de aeróbic e actividades dirixidas con cabida para máis alumnos e alumnas.

Estas melloras permitirán ampliar a oferta deportiva nas instalacións de Vilanova ademais, cos novos vestiarios, evitar a saturación nas horas de máis afluencia debido á realización de actividades.

Asfaltado das pistas de Meire

Cun importe de 95,017 euros, as obras de acondicionamento do acceso á parroquia de Meire permitirán a mellora da rede viaria municipal, seguindo o plan de mantemento anual que leva a cabo a administración local.

A reparación das estradas será realizada pola empresa MISTURAS que, cunha mellora de 7.297 euros, levará a cabo a reparación a través dun novo sistema de aglomerado en frío que garante unha maior duración e unha maior seguridade. Así, os núcleos de Meire, Rial e Fondevila verán mellorar os seus accesos.