No número 118 do Barrios Deportivo sacamos en portada ao COB, o Correndo por Ourense e o derbi entre o Cidade de As Burgas e o Ourense Envialia.

O COB vén de superar a primeira eliminatorio dos playoffs de ascenso e continúa co seu soño de ascender, deportivamente, á ACB. O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense tivo a súa primeira cita no barrio do Vinteún. E esta fin de semana dispútase o derbi ourensán na Primeira División do fútbol sala entre o Cidade As Burgas e o Ourense Envialia.

En balonmán, o Pabellón fíxose coa Copa de Primeira Autonómica e o Aveiro conquistou o V Torneo Cidade de Ourense de balonmán veterán.

{source}
<div data-configid=»2135477/12576838″ style=»width:555px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

En fútbol, a Unión Deportiva Ourense está a dous partidos de conseguir o pleno de vitorias na Liga e tamén a dous partidos da final da Copa Deputación B. O Barbadás está virtualmente salvado na Terceira División; e o Barco está preto de acompañalo o ano que vén nesa categoría.

A ximnasia celebra o VII Torneo de Primavera de ximnasia e unha masterclass de Roberto Orihuela. No Paco Paz disputouse a XIII Copa Galega de Grupos Show de patinaxe.

En tiro, Jorge Encinas proclamouse campión galego de carabina en tres posicións con récord autonómico incluído.

Tenis de mesa, BTT, hoquei e moito máis no número 118 do Barrios Deportivo.

Podes descargar o periódico en pdf, aquí
Podes consultalo periódico online, aquí