O número 119 do Barrios Deportivo trae momentos históricos. As loitas do Cidade As Burgas polo subcampionato na Primeira División de fútbol sala e a da promoción de ascenso a ACB do Club Ourense Baloncesto.

Outro momento histórico para o deporte ourensán foi a medalla de bronce obtida polo tirador ourensán Jorge Encinas en carabina tendido da Copa do Rei.

En fútbol sala, Óscar Vivián dimitiu como técnico do Ourense Envialia. E no grupo sur da Liga Galega, o Sala Ourense Prolsport proclamouse campión de Liga e loitará polo ascenso.

{source}
<div data-configid=»2135477/12734828″ style=»width:555px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

A UD Ourense buscará esta xornada o pleno de vitorias na Liga no seu primeiro ano de historia. E tamén tentará acceder á final da Copa Deputación B na eliminatoria contra o Arnoia.

Seguindo co fútbol o Barbadás ten a permanencia asegurada un ano máis na Terceira División e o Barco o acompañará o curso que vén nesa categoría; o Verín podería ser o terceiro conxunto ourensán na categoría nacional.

Ribadavia acolleu a carreira popular Feira do Viño do Ribeiro con Iván Docampo e Silvia Rodríguez como vencedores absolutos, cando estamos a poucas datas para que teña lugar o carreira do Couto dentro do «Correndo por Ourense».

Os Remedios volveu a acoller o Torneo de Primavera de ximnasia que este ano chegou a súa sétima edición cunha masterclass do ximnasta Roberto Orihuela.

O hoquei é o protagonista neste número por varios motivos. O primeiro é o IV Torneo (segundo autonómico) que organiza a A.VV. A Chavasqueira; o segundo é o Barrocás, que entra na recta final da División de Honra B co obxectivo da permanencia e o terceiro e o conflito entre a Federación Galega de Hoquei e o club Cidade das Burgas ao sancionar a oito xogadores deste club impedíndolles xogar durante un ano.

Esta fin de semana o pavillón municipal acolle o Campinato Galego de kung fu moderno. Ciclismo, natación, motor e moito máis, no número 119 de Barrios Deportivo.

Podes descargar o periódico en pdf, aquí
Podes consultalo periódico online, aquí