Portada nº121 Barrios Deportivo

Histórico ascenso do COB a ACB tras vencer no quinto e definitivo partido da serie ao Breogán de Lugo. Tamén o Cidade As Burgas esta a facer historia disputando por primeira vez a Copa de España de fútbol sala.

O Club Ourense Baloncesto é o gran protagonista, e por iso nas páxinas centrais hai un especial do ascenso con imaxes dos cinco partidos da serie.

O Cidade e o Envialia remataron a Liga en segunda e sexta posición, respectivamente.

{source}
<div data-configid=»2135477/13334822″ style=»width:555px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

As estradas de Ourense xa están listas para acoller os días 12 e 13 de xuño o 48 Rali de Ourense. Previamente disputarase o rali de clásicos e para toda a familia estará instalado no parque do Barbaña a xira Karts (5, 6 e 7 de xuño).

En atletismo disputouse a segunda proba do Correndo por Ourense, no barrio do Couto; a vitoria foi para Javier Paredes e Iria Fernández. O día 20 celebrarase o Gran Premio Ourense Termal de atletismo nas pistas do campus Universitario.

No Trofeo Pedro Escudero, a nadadora do CNPO, Laura Pimentel e o do COruña Sergio Campos foron os gañadores do torneo.

Ximnasia, BTT, artes marciais e moito máis nas páxinas do número 121 do Barrios Deportivo.

Podes descargar o periódico en pdf, aquí
Podes consultalo periódico online, aquí