Realizará unha xuntanza aberta no salón de plenos do Concello este xoves 18 ás 21 horas.

 

O novo concelleiro de Festexos de Xinzo, Luis Miguel Gil, quere que toda a veciñanza participe na organización das vindeiras festas patronais do concello, as de Santa Mariña, previstas para mediados de xullo.

Por iso, o edil vén de realizar unha convocatoria pública para unha xuntanza este xoves, ás 21 horas, no salón de pleno de Xinzo, para recabar as diferentes opinión dos veciños sobre estes festexos.

“As Festas son de tod@s, e por tanto, tod@s decidimos”, explicaban desde a Concellería de Comunicacións, Relacións Institucionais e Protocolo de Xinzo; de aí a idea de realizar esta reunión para poder establecer unha coordinación entre veciños e administración na organización de todo tipo de actos dentro do programa de festas.