Presentación guía fotográfica O Carballiño e O Ribeiro

Esta guía, promovida pola Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-O Ribeiro (GDR9), está composta por fotografías feitas polos membros da Asociación fotográfica carballinesa “O Potiños”.

 

Vén de presentarse a guía fotográfica «Carballiño – O Ribeiro. Baixo outra mirada» no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Esta guía, promovida pola Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-O Ribeiro (GDR9), está composta por fotografías feitas polos membros da Asociación fotográfica carballinesa “O Potiños”.

O GDR9, en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), xestiona o plan Leader para os 19 concellos pertencentes ás comarcas do Carballiño e O Ribeiro. A través deste programa investiuse nestes municipios 2.050.000 euros destinados a máis dun cento de solicitudes que supuxeron un investimento global de case 5.300.000 euros. A boa xestión do plan Leader por parte deste grupo de desenvolvemento rural fai posible que o GDR9 sexa considerado o mellor grupo e o máis activo da provincia ourensá e o sétimo dos 31 que existen en toda Galicia.

Ao acto de presentación da guía fotográfica asistiron o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o subdirector de Agader, Javier Blanco; o presidente do GDR9 Carballiño-O Ribeiro e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; e o presidente da Asociación Fotográfica “O Potiños”, Manuel Blanco.

Os membros de “O Potiños” cederon unhas mil fotografías para que dende o GDR9 escolleran as que máis se axustaban aos seus parámetros no intento de ofrecer unha nova visión do entorno paisaxístico das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

[Fotografía de Luis Baños]