Dúas sentenzas que anulan as contratacións feitas polo alcalde de Xinzo á súa compañeira , funcionaria de carreira, e á filla dun ex alto cargo do PP, como letrada do concello.

Elvira Lama, portavoz do grupo municipal socialista, cualifica de “novo mazazo» para o recén elixido alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, a sentenza do TSXG que vén de anular as dúas contratación feitas, no ano 2013, unha por promoción interna a que concurriu e aprobou a compañeira do rexedor, e a praza de letrada do Concello de Xinzo creada nos orzamentos do 2012, baixo a xustificación de que suporía un importante aforro para o Concello. “Esta claro que o alcalde e a concelleira de persoal con dedicación exclusiva na pasada lexislatura, rematan cun moi deficiente, a súa xestión de persoal”, di Lama.

Os socialiistas pedirán as explicación «oportunas» no vindeiro pleno, «e que se asuman as responsabilidades persoais e políticas do máximo responsable do Concello que é quen firma as contratacións, e o tribunal de selección de persoal».

“Nomear un tribunal de amigos, para a selección de persoas afíns persoal e politicamente, só demostra una cousa: a falta total e absoluta de transparencia e rigor na forma de gobernar un Concello, seguimos coas prácticas de trato de favor que tanto lle gustan o PP no Concello de Xinzo, despois veñen as sentenzas que votan por terra tales actuación. Mágoa que sexa despois de 24 días do 24 de maio será mala sorteo ou casualidade??” remata Elvira Lama.