Sustinea ofrece a seis mozos ourensáns a posibilidade de convivir do 9 ao 18 de setembro con 30 rapaces de Francia, Portugal e España.

 

Sustinea (Desenvolvemento Sostible) oferta a 6 mozos ourensáns a posibilidade de participar nun intercambio xuvenil europeo (engoblado dentro do programa Erasmus+), que se vai a celebrar en Muíños do 9 ao 18 setembro e no que participarán 30 rapaces de Francia, Portugal e España.

Os requisitos necesarios para poder participar son ter entre 16 e 30 anos e enviar un correo electrónico antes do 31 de agosto (a través da web www.sustinea.org). O programa Erasmus+ financia o 100% do aloxamento, comida e actividades durante os 9 días de intercambio e asigna unha bolsa para gastos de viaxe (segundo normativa do programa europeo).

Os participantes deberán acudir a unha reunión preparativa na sede de Sustinea (avenida das Caldas, 8), onde se informará de todo o programa, se prepraran as actividades, etc.

Intercambio

O intercambio xuvenil «Implicad@s polo cambio» busca a socialización e o desenvolvemento integral dos mozos participantes, a través da participación en distintas actividades ambientais: work shop, visitas didácticas, actividades de ocio, dinámicas de grupo, teatro, debates, video-forum, obradoiros, elaboración de produtos ecolóxicos, etc.

A organización quere, así, loitar contra a exclusión, consolidar o lazo social entre os mozos, crear un espazo de encontro para que intercambien experiencias sobre as dificultades que afronta a xuventude hoxe en día, informar sobre o mercado laboral e fomentar a empregabilidade no medio rural, e favorecer o coñecemento doutras culturas.