No número 123 do Barrios Deportivo explicamos a situación actual que atravesa o Club Ourense Baloncesto na súa loita por entrar na ACB.

Outra das novas destacadas é que Os Escornaboys alzouse co triunfo no VI Torneo Barrios Deportivo de fútbol sala ao vencer na final ao Eurosport.

O atleta Denis Galán logrou batir o récord galego dos 100 metros lisos na pista de atletismo do campus universitario de Ourense durante a celebración do Ourense Termal Athletics Meeting. Galán batiu un récord que databa de 1986.

{source}
<div data-configid=»2135477/14011294″ style=»width:555px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

Continuando co atletismo, celebrouse oa terceira carreira do circuíto «Correndo por Ourense» polas rúas do centro da cidade. Tamén se disputaron as populares de Celanova, Xinzo e Leiro con representación de grandes atletas.

Celebrouse unha gala de boxeo na cidade con presenza de púxiles ourensáns que non defraudaron aos asistentes.

En BTT, Pablo Rodríguez segue imparable. O macedán proclamouse campión galego de BTT XCO.

Fútbol, fútbol sala, artes marciais, natación e moito máis no número 123 do Barrios Deportivo.

Podes descargar o periódico en pdf, aquí
Podes consultalo periódico online, aquí