O futuro albergue de peregrinos de Xinzo de Limia e a reforma da Praza de Abastos de Celanova, na portada da publicación.

Xa está repartíndose o periódico Barrios de outubro nas localidades de Allariz, Xinzo, Verín e Celanova.


Neste número informamos de varias obras rematadas ou a piques de rematar, coma o albergue de peregrinos e a depuradora de Xinzo, a reforma da Praza de Abastos de Celanova e da renovación da praza de Alcatruz de Maceda. Tamén facemos balance do que deu de si a vendima en Monterrei, e damos a coñecer os últimos achádegos nas escavacións do castro de Armea.

Ademais, recollemos a polémica entre Gerardo Seoane e Juan Manuel Jiménez Morán a conta da paralización da obra de construción dun edificio no centro de Verín, máis a solicitude de paralización dunhas obras de asfaltado ao carón da Carballa da Rocha polo PSOE de Rairiz de Veiga.

A actualidade cultural, de ocio e deportiva, os artigos dos nosos colaboradores, e moito máis neste número de outubro de Barrios.

Podes consultar a publicación on line aquí ou ben descargala en formato pdf.