Este cambio permitirá centralizar no CHUO as consultas de xinecoloxía e traumatoloxía.

 

O Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense centralizará desde este 24 de decembro as súas consultas no Centro de Especialidades, da Rúa Concello, mediante o traslado a este centro das existentes na Unidade de Saúde Mental da Ponte, na rúa Ribeira de Canedo.

En paralelo esta medida permitirá reunir nun mesmo espazo as consultas de traumatoloxía e xinecoloxía, trasladando as consultas destes servizos desde o Centro de Especialidades ás areas de consultas externas, con que xa contan no CHUO. Para elo, procedeuse a reforma e ampliación da área de consultas de traumatoloxía, no edificio Cristal, con dúas novas salas, o que mellorará o traballo en equipo do servizo e a accesibilidade a probas diagnosticas e consultas de acto único.

Pola súa parte, o traslado das dúas consultas existentes no CES de xinecoloxía foi posible mediante a recente reforma e ampliación desta area asistencial, no Edificio Materno Infantil, que permitíu habilitar dúas novas salas de consulta e mellorar o espazo dispoñible para a consulta de suelo pélvico.

A centralización de consultas responde a un obxectivo de mellora da integración funcional dos equipos asistenciais destes tres servizos, longamente demandado polos seus profesionais, evitando a dispersión e mellorando a accesibilidade dos pacientes que, desde agora, teñen un único punto de acceso ás consultas externas.