Estes convenios afectan a O Barco de Valdeorras, Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar.

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada este luns no Pazo Provincial aprobou convenios de colaboración para a prestación de servizos no ciclo da auga a concellos da provincia de Ourense.

En concreto, acordou co Consorcio de Augas de Valdeorras a prestación de asistencia técnica, xurídica e administrativa na xestión dos servizos de abastecemento de auga potable e saneamento no municipio do Barco de Valdeorras durante o exercicio 2016, e outro para a prestación de asistencia técnica, xurídica e administrativa na xestión do servizo intermunicipal delegado de depuración de augas residuais na Comarca de Valdeorras durante ese mesmo ano.

Asemade, na reunión aprobouse un convenio de cooperación entre a Deputación e os Concellos de Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar para a prestación de asistencia técnica para a xestión da Estación de Tratamento de Auga Potable en Melias durante o vindeiro ano.

 

Infraestruturas

No ámbito de infraestruturas, aprobouse unha axuda a favor do Concello de Padrenda por importe de 30.200 euros para a praza de San Roque de Crespos.