Tamén se deu conta dos proxectos de instalación eléctrica de baixa tensión para a vídeovixiancia do polígono de Seixalbo e do asfaltado de varias rúas en Eirasvedras.

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense celebrou este luns senllas sesións de carácter extraordinario nas que se deu conta de catro asuntos referidos ao servizo de contratación. Concretamente, as ordenacións decrecentes das ofertas presentadas para a contratación de diferentes proxectos en fase de adxudicación.

Na primeira das Xuntas deuse conta das ofertas presentadas para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto de urbanización da rúa Concello. Igualmente, deuse conta das ofertas para o proxecto modificado de instalación eléctrica de baixa tensión para a vídeovixiancia do polígono industrial de Seixalbo e, finalmente, as ofertas presentadas para as obras de asfaltado nas rúas Capela, Pazo e Canedo, no núcleo de Eirasvedras.

Nunha segunda xunta extraordinaria, analizáronse ofertas presentadas para levar a cabo o proxecto de rehabilitación da pasarela peonil sobre o río Barbaña.

As empresas coas mellores ofertas presentadas deberán presentar agora a documentación esixida no Rexistro do Concello e, a partir de aí, a mesa de contratación proporalle á Xunta de Goberno Local a adxudicación definitiva de cada un dos proxectos.