A rehabilitación do firme e mellora da accesibilidade da rúa do Mercado e a do proxecto de saneamento na Besada, en Santa Mariña.

 

A Xunta de Goberno Local (XGL) do Concello de Ourense celebrou este martes unha sesión de carácter extraordinario na que se deu conta de dous asuntos referidos ao servizo de contratación. Concretamente, as ordenacións decrecentes das ofertas presentadas para a contratación, mediante procedemento aberto, dos proxectos para a rehabilitación do firme e mellora da accesibilidade na rúa do Mercado e a do proxecto de saneamento na Besada, en Santa Mariña.

Estes acordos súmanse aos catro adoptados este luns (en dúas sesións extraordinarias da Xunta de Goberno Local), referidos aos proxectos de urbanización da rúa Concello; ao da rehabilitación da pasarela peonil sobre o río Barbaña; así como os de instalación eléctrica de baixa tensión para a videovixiancia do polígono de Seixalbo e do asfaltado das rúas Capela, Pazo e Canedo, no núcleo de Eirasvedras.

 As empresas coas mellores ofertas presentadas deberán presentar agora a documentación esixida no Rexistro do Concello e, a partir de aí, a mesa de contratación proporalle á Xunta de Goberno Local a adxudicación definitiva de cada un dos proxectos.