Organizados pola Fundación Ramón González Ferreiro, terán lugar o 23 de xaneiro e o 13 de febreiro, respectivamente.

A Fundación Ramón González Ferreiro acolle dous novos cursos. O primeiro será sobre poda, o 23 de xaneiro de 9:30 a 13:30 e de 15 a 19 horas, e abordará o tipo de poda; forma de cortes; despuntes; arqueados; poda de especies ornamentais, froiteiras e forestais; e moito máis.

O segundo terá lugar o 13 de febreiro, no mesmo horario, e tratará as xeneralidades do enxerto, tipos (de xema, aproximación, ponte, arco, etc.) e outros tipos de propagación.

Ambos serán impartidos nas instalacións da Fundación e teñen un custo de 25 euros cada un. Os interesados en participar poden informarse ou inscribirse no 988 43 61 82 ou en info@fundacionrgf.org.