Dirixido a veciños da Limia en risco de exclusión social que busquen emprego.

O 19 de xaneiro comeza na Casa de Cultura cunha sesión introdutoria de 09:30 a 13 horas. De seguido, os interesados acudirán a un obradoiro os primeiros martes e mércores de cada mes, no que se prepararán para a busca e xeración de oportunidades de emprego.

A principal finalidade desta iniciativa é fomentar a autonomía dos asistentes para a través dos seus propios recursos potenciar as súas capacidades que lles aproximen a unha inserción laboral.

Entre os temas dos obradoiros que se impartirán atópanse  o autocoñecemento, mercado laboral, entrevistas de traballo, emprendemento no medio rural, inclusión dixital ou xestión eficaz do tempo e planificación, así como aqueles que demanden os participantes.

As prazas para participar nesta iniciativa son limitadas polo que os interesados deben inscribirse nas oficinas do C.D.R. “O Viso” (praza maior, 1- 1ºC, Xinzo de Limia), no 988 461 571 ou en areasocial@cdroviso.org.