A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de Expropiación polo sistema de taxación conxunta de bens e dereitos incluidos no AR «As Burgas».

O alcalde, Jesús Vázquez, explicou que “conseguimos aprobar este proxecto en tempo, pese ás dúas veces que caducou o expediente. Evitamos pois, que volvese a caducar e que tivese que volver a iniciarse o proceso, con todas as demoras que elo conlevaría”.

Tamén se estimaron parcialmente as alegacións de catro particulares (referidas á petición de actualización do índice da taxa de risco, indicador fixado polo Goberno que se actualiza periódicamente e que é un factor para o cálculo dos xustiprezos) e se desestimaron as alegación doutros tres particulares, entre as que se atopaba a que solicitaba a nulidade do proceso.

Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación, polo sistema de taxación conxunta, dos bens e dereitos incluidos no AR “As Burgas”, implica a declaración de urxencia de ocupación de bens e dereitos afectados, de conformidade co desposto no artigo 144.1 da LOUG.

No acordo tamén se determina o importe do xustiprezo e recoñecer as obrigas de pago segundo a valoración que consta no proxecto, consonante co prezo xusto determinado no proxecto de expropiación, que supón un montante total de 1.599.972,40 euros das nove parcelas das que consta o proxecto (5.162 metros cuadrados).

20 días
A partires de agora se lles notifica aos interesados que dispoñen dun prazo de 20 días para manifestar por escrito e diante deste Concello a súa disconformidade coa valoración económica, advertíndolles expresamente que de non a formular, entenderase que aceptan o xustiprezo fixado pola administración e este será definitivo.

Tamén existe un prazo dun mes para presentar recursos ao procedemento. Este prazo e o dos 20 días funcionan de xeitos independientes, pois se refieren a dúas cuestións diferentes (xustiprezo e procedemento).

Máis acordos
A Xunta de Goberno Local ordinaria tamén serviu para conceder catro licencias (obras e aperturas de locais comerciais), así como para cuestións de trámite como a corrección de erros na redacción de acordos adoptados en sesións anteriores. Tamén se aprobou o convenio de colaboración coa produtora Vía Láctea Filmes SL para a promoción da longametraxe “A Esmorga”. Trátase da continuación dun acordo adoptado co anterior goberno en 2013, e que se mantivo ese ano, en 2014 e culmina neste 2015. Terá un importe de 60.000 euros.