Toman posesión sete novos cabos do Servizo de Bombeiros do Concello de Ourense.

Estes ascensos (foron mediante promoción interna), posibilita, segundo explicou o alcalde, Jesús Vázquez, poder sacar un maior número de prazas de bombeiros e de bombeiros-conductores na Oferta Pública de Emprego de 2016.

A normativa actual permite convocar oposición para estas prazas, a maiores da tasa de reposición por xubilación. A plantilla actual do Servizo de Bombeiros é de 54 persoas.

O alcalde, Jesús Vázquez, vinculou este asunto coa aprobación do inicio do expediente para a adquisición dun furgón de rescate para o Servizo de Bombeiros, baseado no acordo marco de vehículos industriais do Ministerio de Economía y Hacienda. Para elo, aprobouse tamén un gasto de 184.300 euros para dita adquisición en 2016, cuxo 90% será asumido por Unexpa.