Baltasar na cabalgata de Ourense

Preto de 400 persoas formaron parte do séquito de Melchor, Gaspar e Baltasar en Ourense. Con galería de imaxes.

Os Reis Magos chegaron a Ourense pasados por auga, o que non evitou que foran moitos os pequenos e grandes que agardaban a velos nas rúas da cidade, aínda que fora pertrechados con paraugas. A cabalgata, que partiu ás seis da tarde da Estación Empalme, estaba composta por case 400 persoas, entre grupos de teatro, danza e música. Repartíronse uns 3.000 quilos de caramelos.

{source}
smartslider3[4]
{/source}

O séquito real estivo composto por 22 animacións nas que non faltaron personaxes tradicionais de Ourense mesturados con recreacións de fantasía e maxia. Desfilaron a Real Banda de Gaitas, o camión antigo dos bombeiros, os trens termais e un camión da TVG cos personaxes dos debuxos animados, entre outros grupos, xunto a cinco carrozas, a dos carteiros reais, as de Melchor, Gaspar e Baltasar, e finalmente unha última cargada de xoguetes e de animación musical.

O desfile rematou na praza Maior, onde os Reis saudaron a todos os presentes.