Será este sábado, ás 11 horas na rúa do Paseo.

 

Un grupo de nais e pais de Ourense organizan este sábado 9 un acto público para promocionar o porteo ergonómico, os seus beneficios e como facilita o día a día con bebés e nenos pequenos. A iniciativa empezará ás 11 na rúa do Paseo (o punto de encontro é A Leiteira) e desde aí realizarán compras, darán un paseo e irán a tomar algo visualizando como esas actividades son máis doadas con portabebés, especialmente en días de chuvia. Con esta iniciativa tamén se quere incidir na importancia de recuperar espazos colectivos e como os nenos deben poder xogar non só en lugares “acotados”, como os parques.
 
Os promotores son “Ourense portea”, un colectivo creado a partir do Facebook e que xa realizou en outubro un primer acto colectivo para promocionar o porteo: un Flash Mob no centro comercial Ponte Vella, seguirán realizando diferentes actividades para incentivar o porteo en Ourense.
 
A iniciativa do sábado será un acto aberto no que pode participar quen queira, así como achegarse para realizar posibles consultas ou dúbidas sobre porteo ergonómico. Tamén se facilitará información sobre os diferentes sistemas de porteo: mochilas, fulares, bandoleras… e como no mercado existen productos non ergonómicos totalmente desaconsellables.
 
Beneficios do porteo
Dende este colectivo resaltan diversos beneficios desta práctica, como que os bebes choran menos, concilian mellor o sono, teñen mellor desenvolvemento psicomotor, hai maior interacción dos nenos cos adultos e facilita a lactación materna.