O prázo péchase o 4 de febreiro.

 

O Concello de Verín abriu o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. O prazo péchase o 4 de febreiro ás 18 horas. Os interesados en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información turística e sala de exposicións de Verín para facer efectiva as súas proposta.

Os desfiles serán o domingo 7 de febreiro ás 12:15 horas e o martes 9 ás 16:30.

Aquelas comparsas ou carrozas que non se apunten dentro do prazo de inscripción e se presenten no comezo do desfile irán colocadas ao final do mesmo.

 

Recomendacións

Recoméndase non  realizar  paradas durante os desfiles con duración prolongada;  as carrozas que impliquen vehículo a motor deben contar co seu propio seguro;  e que os vehículos que foran modificados para o desfile leven un extintor.

 

Domingo de piñata

Os participantes inscritos no desfile do domingo poderán participar na comida que se realiza ese día. Os tickets para a mesma recolleranse no restaurante no que se fará  o xantar.