Marisol Díaz Mouteira despachou con Josefa Asunción Morgade Rúa na delegación da Xunta en Ourense.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu o martes 12 de xaneiro no seu despacho á nova alcaldesa do concello ourensán de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade Rúa, que substitúe no cargo a Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, que dimitiu tras ser condenado por prevaricación a unha inhabilitación para cargo e público durante oito anos e medio.

Díaz Mouteira explicoulle á nova rexedora que o obxectivo deste encontro, solicitado por Morgade Rúa, é “coñecela, xa que que exerce o seu cargo por primeira vez, para saber cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”. A delegada territorial brindoulle toda a colaboración da Administración autonómica co fin de lograr o progreso e benestar deste municipio ourensán.