O último produciuse este martes na rúa Marcelo Macías.

Ourense en Común entregará a primeira hora deste mércores por rexistro unha instancia dirixida á Alcaldía para convocar con carácter monográfico, extraordinario e de urxencia a Mesa de Taballo Municipal de Mobilidade para avaliar propostas de medidas urxentes de prevención de atropelos no Concello de Ourense.

No pleno municipal do paso 8 de xaneiro acordouse a instalación de redutores de velocidade na Estrada da Granxa e na Rúa Marcelo Macías como medida disuasoria para evitar accidentes. “Medidas que non garanten a solución do problema, pois a dispersión xeográfica dos atropelos repártese sen un patrón definido por toda a cidade”, explican dende esta formación.

Os datos aportados polo Plan de Mobilidade Urbana Sustentable do Concello de Ourense amosan que detrás dos accidentes citados existe un problema estrutural que debe ser analizado e solucionado en multitude de frontes coa participación de todos os colectivos e técnicos responsables, e que deberán ser debatidas e aprobadas na Mesa da Mobilidade convocada para febreiro, na que está previsto que se trate o Plan de Movilidade Urbana Sostible, o transporte público e o carril bici.

Pero ante a situación actual, cun atropelo de media cada dous días  no último mes, Ourense en Común pide unha convocatoria urxente na que tratar esta problemática, sen anular a cita do vindeiro mes.

 

Último atropelo, este martes

Este martes 12 de xaneiro, ao redor das 12 do mediodía, produciuse un novo atropelo na capital (o décimo cuarto nos últimos 22 días), tralo que resultou ferida de carácter leve unha muller de 52 anos, cando cruzaba por un paso de peóns  na rúa Marcelo Macías, ao ser acadada polo vehículo que conducía un home de 83 anos. A vítima foi trasladada a un centro sanitario.