Plataforma veciñal de Maside

Recolleron máis de 700 sinaturas por poder participar nun pleno no que se aborde o tema.

 

Os veciños de Maside veñen de unir forzas contra a instalación dunha fábrica de incineración de neumáticos nun monte veciñal en man común, polo que recolleron 771 sinaturas coas que presentaron este 12 de xaneiro unha Iniciativa Popular Local ante o Concello para frear esta obra; “por non ser unha actividade contempladada como uso e aproveitamento forestal pola Lei de Montes de Galicia”, especificaron no seu escrito, “e tratarse dunha actividade industrial contaminante”, concretaron.

Con esta recollida de sinaturas piden ao Concello a súa participación nun pleno extraordinario que aborde o tema.

Así mesmo, seis comuneiros veñen de solicitar a nulidade de pleno dereito do acordado ao respecto na Xunta Rectora da Comunidade de M.V.M.C. de Bouzas, alegando que non se cumpliron os requisitos legais esixidos para a convocatoria da súa asamblea.

A explicación dos mesmos, similar á dos veciños da zona, é que “a empresa non é de reciclaxe, é de valorización enerxética”, especifican nun comunicado.

Explican que coa queima dos neumáticos se produce gas de síntese, co que se lle da enerxía ao reactor da instalación e se manteñen as elevadas tempareaturas precisas na mesma (en torno aos 500 ou 600 grados) para continuar co proceso produtivo.

“Nesta combustión é cando se produce a emisión á atmósfera de contaminantes tremendamente tóxicos e perigosos para a saúde, como son dioxinas, furanos, metais pesados, partículas en suspensión, óxido de zinc, dióxido de azufre, ácido sulfhídrico, óxidos de nitróxeno, monóxido de carbono, etc”, detallan.