Do 13 ao 31 de xaneiro na Asociación Xuvenil Amencer poderase visitar a exposición fotográfica «Libros de Don Bosco para todas as idades».

A exposición que está organizada pola propia asociación consta de máis de 50 libros e publicacións sobre a vida e o pensamento de San Xoán Bosco.

Hai libriños e banda deseñada destinada aos máis cativos como tamén libros que reflexionan sobre o pensamento pedagóxico e espiritual de Don Bosco para os máis adultos. Ofértanse moitas vidas de Don Bosco desde os máis diversos autores e tamén exponse diversos libros publicados por Don Bosco en edicións modernas.

Pódense ler na Sala Aberta da Asociación e ao rematar a exposición pódense levar en préstamo a través da biblioteca-tebeoteca de Amencer.

A exposición poderase visitar de luns a xoves de 10:00 a 13:00h e de 17:30 a 20:00h, e venres e sábados de 10:00 a 13:00h e de 17:30 a 20:00h.