Pídenlle ás autoridades que “fagan cumprir as normas e sancionen aos responsables”.

 

Dende a asociación de veciños Barbaña e a Plataforma Ríos Limpos veñen sendo habituais as súas denuncias sobre a contaminación do río Barbaño ao seu paso pola cidade, sen que “as autoridades tanto municipais, como medio ambientais, como da Confederación Hidrográfica do Miño teñan moito interese en darlle unha solución”.

 Lembran que en decembro a Confederación realizou unha importante labor de limpeza no mesmo, retirando centos de obxectos, a maioría procedentes dos mercadiños que os días 7, 17 e 26 de cada mes se celebran na zona.

“Resulta moi triste e lamentable que despois desa limpeza no primeiro mercadillo do ano o rio quédase de novo cheo de materiais e restos procedentes dunha práctica habitual e consentida polas nosas autoridades”, denuncian dende a AVV. “Está moi ben facer limpeza e coidar o rio pero é moito máis importante evitar que a contaminación e a lixo chegue ao mesmo”, insisten.

Así mesmo denuncian que, “o máis lamentable é que sexa unha asociación de particulares, a de comerciantes da Praza de Abastos, a que xestiona, a que recauda e a que se beneficia deste mercadiño e teña que ser toda a cidade a que pague as consecuencias”. Polo que esíxenlle ás autoridades que “fagan cumprir as normas e de non ser así sancionen aos responsables”.