O Cidade As Burgas e o Ourense Envialia xogan este sábado no partido da xornada número 14 da Primeira División de fútbol sala.

O encontro dará comezo no seu horario habitual (17 horas) e na cancha habitual (central dos Remedios).

A este partido chegan con liñas contrapostas. Por unha banda está o Envialia lanzado na cuarta posición da cabeza sen perder de vista aos tres primeiros; pola outra está un Cidade que o mal inicio ligueiro lastrouno na táboa e, a pesar de lograr remontar posicións, anda pola zona media.

A pesar de que é o Envialia o favorito para este choque nunca hai un claro favorito. Se temos en conta o global dos enfrontamentos, este decae do bando albinegro, poren se o que contamos é quen vén de vencer nos últimos duelos, son as franxiverdes as que lograron a vitoria nas tres citas previas a desta xornada.

O Cidade exercerá de anfitrión e como en anos anteriores declara o derbi como día do club, polo que os socios deberán pagar unha parte da entrada.

Segunda B
Despois do Nadal reanúdase a competición na Segunda División B e o fai co Sala Ourense – Guardo (sábado, 19:30 horas, central dos Remedios) e co Cistierna – Pizarras Los Tres Cuñados.

O Sala Ourense (17 puntos) está a un punto do seu rival e o Pizarras enfróntase ao pechacancelas.