Dende esta organización solicítase colaboración na web www.agoramaisquenunca.org.

 

Grazas ao apoio incondicional dos socios, doantes, colaboradores y voluntario, Cruz Vermella é quen de paliar as situacións máis difíciles de moitas persoas e familias que nos últimos anos padeceron as consecuencias da falta de traballo e do esgotamento das prestacións socias ou dos seus aforros persoais.

Así, aposta polo poder das novas tecnoloxías e as redes sociais para poñer ao alcance da poboación unha fórmula que contribúa a mellorar esta situación. O lema desta iniciativa é  “O teu apoio é necesario” e grazas a ela o pasado ano as asembleas de Cruz Vermella na provincia puideron cubrir arredor de 30  necesidades de familias que estaban pasando por dificultades económicas.

Trátase de cousas que alguén necesita e que outras persoas teñen pero que non utilizan: carriños de bebés, berces, cadeiras e parques infantís, estufas de gas, billas para un baño, lavadoras, armarios, etc.

O importe estimado das doazóns en especie a través desta web supera os 2.500 euros durante o 2015. En total subíronse ás redes máis de 40 necesidades, que cada día se actualizan segundo se van conseguindo, a maioría delas procedentes das comarcas de Ourense, O Carballiño e O Ribeiro.

Neste momento Cruz Vermella solicita colaboración na web www.agoramaisquenunca.org para axudar a familias con poucos recursos que precisan dunha mesa con catro cadeiras e un sofá na comarca de Monterrei; unha nevera e unha lavadora no Ribeiro; un berce en Maceda; e unha estufa de gas e un sofá en Ourense, entre outros bens.