Concorrerá ás convocatorias de axudas da Xunta para acadar melloras na zona industrial.

 

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e os concelleiros de Promoción Económica, Jorge Pumar, e Infraestruturas, José Araújo, mantiveron unha xuntanza este venres no Concello coa directiva da asociación de empresarios do polígono industrial do Vinteún.

O obxectivo da xuntanza era, segundo explicou o alcalde, coñecer de primeira man as necesidades de mellora de infraestruturas deste polígono, popularmente coñecido como As Coiñás, que constitúe nun dos motores económicos e de mantemento de emprego na nosa cidade. E neste, contexto, avanzarlles o compromiso do Concello de colaborar coa asociación para obter o financiamneto que permitan acometelas.

Goberno municipal e asociación empresarial analizaron as diferentes ordes de axudas convocadas pola Xunta de Galicia dirixidas a Concellos, nas que se poderían incluir proxectos de mellora de infraestruturas deste polígono industrial.

O Concello de Ourense concorrerá a estas convocatorias de axudas, que outorga a Xunta, co obxectivo de acadar apoio para proxectos de mellora do polígono industrial, comprometéndose a cofinanciar as obras que se executen.

Alcalde e empresarios manterán novas xuntanzas proximamente nas que avanzar nesta liña de traballo.