A Unión Deportiva Ourense logra manter a segunda praza grazas á vitoria ante o Palmés (1-2), con goles do debutante Adrián.

As numerosas baixas notáronse nun equipo que chegaba ao Cruceiro coa intención de sumar os tres puntos e manterse nos postos de ascenso.

O Palmés, ben asentado no terreo de xogo apenas daba concesións aos unionistas, que con máis posesión case non tiñan ocasións claras ante a meta rival. Nos primeiros minutos foi o Palmés o que cada vez que se achegaba á área rival creaba máis perigo. Antonio Dacosta movía aos dianteiros de posición en busca dunha solución ao atascamento nos últimos metros.

Antes do descanso víronse os mellores momentos visitantes, pero non tiveron incidencia no marcador e colleron o camiño dos vestiarios con empate a cero goles.

{gallery}stories/futbol/20160116_palmesudo{/gallery}

Na segunda metade a cousa continuaba igual. Pasaban os minutos e o electrónico que non se movía. Tivo que saír Adrián, que debutaba co equipo, para que se desatascara o encotro.

En menos de 10 minutos o dianteiro foi quen de lograr dous goles. Estes upuxeron un respiro para todos os afeccionados da U.D. que se desprazaron nunha tarde desapacible como a deste domingo.

No desconto, o Palmés lograba recurtar distancias, pero sen tempo para máis xa que o colexiado pitaría segundos despois o final do encontro.

Tres puntos importantes para manter a segunda posición despois de que o Santa Teresita vencera ao Velle (4-1); o Arnoia lograra a vitoria ante o Pontedeva (2-1); o Arrabaldo impúxerase ao Barra de Miño (0-2) e empataran Loñoá e Amoeiro (1-1).

Con estes resultados o Santa Teresita é o líder (44 puntos), segundo a UDO (43), terceiro o Arnoia (43), cuarto Arrabaldo (40) e pechan o grupo de cabeza o Amoeiro e Loñoá con 38 e 37, respectivamente.