Este servizo municipal manterá o mesmo horario que ata o de agora: de luns a venres, de 09.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h.

 

A Oficina de Atención ao Cidadán pasa a prestar servizo na Praza Maior. Este departamento estará instalado na planta principal da casa consistorial e atenderá aos cidadáns no seu horario habitual: de luns a venres, de 9 horas a 14 horas e de 16 horas a 20 horas.

Con este traslado, o Goberno municipal unifica dependencias municipais, aportando racionalidade nos custes de mantemento e eliminando alugueres reubicando servizos en espazos propios do Concello. Do mesmo xeito, esta optimización dos servizos redundará na comodidade para os usuarios que se dirixan a esta oficina, por estar na propia casa do concello.

A carta de servizos desta Oficina de Atención ao Cidadán continuará ofertando, como vén sendo habitual, información e orientación municipal; peticións veciñais e tramitación de solicitudes con relación aos distintos servizos do Concello; trámites relacionados co Padrón de habitantes; cita previa Asuntos Sociais; xestións tributarias; e queixas e suxestións.