O punto único da orde do día será recabar as propostas precisas para mellorar a situación de tráfico na cidade e seguridade viaria, nomeadamente a problemática do aumento no número de atropelos.

O Concello de Ourense vén de convocar unha sesión extraordinaria da Mesa de Mobilidade para o vindeiro venres, 29 de xaneiro, ás 10:00 horas, no Centro Cívico da rúa Colón.

A decisión de convocar a este órgano consultivo municipal, no que están integrados os representantes políticos, así como de diferentes entidades relacionadas coa mobilidade de toda a cidade, responde a que os integrantes da mesa acheguen as súas propostas para mellorar a situación do tráfico na cidade e, nomeadamente, con respecto ao aumento no número de atropelos.

O Goberno municipal xa manifestou a súa intención de trasladar a esta mesa medidas para previr e evitar accidentes de tráfico. Ademais, informará aos integrantes da mesa das conclusións da xuntanza mantida o pasado xoves, con representantes das administracións con competencias en materia de seguridade vial, para analizar a evolución da siniestralidade na cidade. Nesa reunión prestouse especial interese aos atropelos rexistrados nas últimas semanas, e valorouse a viabilidade de pór en marcha propostas de mellora que redunden en fomentar a seguridade viaria.

Entre os datos analizados en dita reunión, as estatísticas da Policía Local de Ourense indican que no pasado ano 2015 produciuse un descenso do 13% no número de atropelos fronte a 2014 (55 accidentes, cunha vítima mortal), cifra que representa a máis baixa na cidade desde 2004. Porén, no que prazo compendido entre os días 1 e 13 de xaneiro do presente ano, cambiou a tendenza, e rexistráronse nove atropelos na cidade.

A tipoloxía e a causalidade dos atropelos segue a ser moi semellante: o factor humano. Só 1 dos 55 casos rexistrados en 2015 ten como causa un exceso de velocidade. A causa máis común (25 dos 55 casos) é non respectar a sinalización nin as prioridades de paso, tanto polos que conducen como polos que van a pé, así como ir distraído ao volante (13) ou cruzar fóra dos pasos habilitados para peóns (10). No tocante ao erro humano, unha de cada catro veces é por causas imputables ao peón, mentres que no resto dos casos a culpa está no condutor.or parte dos condutores.