Xunta local de seguridade da Rúa

Analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano de 2015, e que manteñen unha tendencia á baixa tanto no número de delitos como nas faltas.

O Concello da Rúa acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e a alcaldesa, María González Albert, e na que participaron membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 19 de xuño de 2014, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá  e fixeron fincapé na importancia de colaboración entre a Policía Local e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

 Na Xunta Local da Rúa analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano de 2015, e que manteñen unha tendencia á baixa tanto no número de delitos como nas faltas. Os índices de esclarecemento do total das infraccións penais increméntase, así como as detencións practicadas. Pola contra, as infraccións administrativas experimentan unha subida moderada.

A falta dos datos definitivos, que en breve fará público o Ministerio do Interior, constatouse un descenso do 13% no número de infraccións penais rexistradas no ano 2015 con respecto ao ano anterior.